top of page

Lalín acolle a VI edición do Galicia Clarinet Fest do 28 de xullo ao 1 de agosto

Participará alumado procedente de países como EEUU, Canadá, Francia, Suiza, Reino Unido... así como de distintos puntos da xeografía española


Laura Moure/Lalín

Este venres presentouse oficialmente a sexta edición do Galicia Clarinet Fest, que se celebrará en Lalín do 28 de xullo ao 1 de agosto, consolidándose como un dos encontros de referencia para clarinetistas a nivel estatal e internacional. No acto de presentación, celebrado no Concello de Lalín, participaron José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín; María Isabel Couselo Torres, directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Pontevedra; Jorge Cubela, en representación da Deputación de Pontevedra; Begoña Blanco, concelleira de Cultura de Lalín; e Xocas Meijide, director artístico do festival, que avanzou que o Galicia Clarinet Fest, de carácer gratuíto, trae este ano a Lalín unha programación de altísimo nivel na que haberá desde concertos de cámara, ensemble, a

actuación de Gorka Hermoso, un dos mellores acordeonistas europeos e Edurne Zabalo, o

concerto da Real Filharmonía de Galicia ou o sorprendente espectáculo audiovisual Sonoro

infinito, de Manuel Martínez.


A programación musical volve á rúa, e ofrece un total de 12 concertos que se desenvolverán diariamente tanto nas Praza das Pipas, en dobre sesión ás 13 e 21 horas, como no Auditorio de Lalín. Xocas Meijide salientou a importancia da parte académica, que acollerá a alumado procedente de países como EEUU, Canadá, Francia, Suiza, Reino Unido... así como de distintos puntos da xeografía española, destacando ao profesorado formado por sete clarinetistas de prestixio internacional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante a súa intervención, Jorge Cubela destacou a importancia de que un concello das

dimensións de Lalín, situado no rural, acolla un evento como o Galicia Clarinet Fest que pon a Lalín no mapa da elite cultural.


Pola súa banda, o alcalde José Crespo subliñou o compromiso do Concello coa música e coa dinamización cultural do territorio, agradecendo o apoio tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra. Crespo salientou a importancia de Lalín ao acoller un evento de renome internacional, que descentraliza a programación cultural deste nivel que

habitualmente se celebra nas grandes cidades, e que vai converter Lalín na capital do clarinete.


A colaboración entre as administración fai posible, segundo apuntou Mª Isabel Couselo, representante da Xunta de Galicia, que un festival que reúne a clarinetistas de tanto prestixio, se poida celebrar en Lalín, manifesta o compromiso da Xunta de Galicia coa formación, e animou a que a xente que aínda non coñece o festival se achegue a Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Galicia Clarinet Fest 2025, que converte un ano máis a vila de Lalín nun punto de encontro para amantes de música, especialmente do clarinete, contará ademais en cada un dos concertos coas actuacións de Viravolta Títeres e Celso Fernández Sanmartín.


O domingo 27 de xullo terá lugar un concerto de benvida para o alumnado do festival coa actuación da Galicia Bass Clarinet Ensemble ás 20:30 horas na praza da Pipas. O festival conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo, Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page