Lalín acolle a campaña de doazón de sangue que agasalla con abonos para o Son do Camiño
- Laura Moure

- hace 13 minutos
- 2 Min. de lectura
Neste concello de Deza poderá doarse o 1 e o 4 de abril
Laura Moure/Lalín
O Concello de Lalín recibirá a comezos de abril unha nova campaña de doazón de sangue, concretamente o mércores 1 de abril durante todo o día (10:15 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas) e o sábado 4 de abril pola mañá (de 10:00 a 14:30 horas), baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, promovida por ADOS en colaboración co Concello de Lalín. A unidade móbil estará situada na Praza da Igrexa.

A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, fai un chamamento á participación veciñal nestas campañas solidarias nas que un pequeno xesto contribúe a salvar vidas. Deste xeito, coa suma de esforzos, trátase de acadar as doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos.
Publicidade
Ademais, cómpre indicar que todas as persoas que doen sangue ata o 31 de maio do presente ano, nas distintas unidades móbiles da ADOS, e que remitan por mensaxe privada ao Instagram da ADOS unha foto doando sangue ou un vídeo convidando a participar nas campañas de doazón e que sigan a ADOS en Instagram, entrarán no sorteo de 14 abonos para asistir ao Son do Camiño, que se desenvolverá en Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño. Outro requisito necesario para entrar neste sorteo é comentar a publicación desta iniciativa mencionando a dúas persoas.
PUBLICIDADE
Entre os consellos a seguir, previos á doazón, recoméndase unha boa hidratación (auga ou refrescos), non acudir sen almorzar e, no caso de doar despois de xantar, esperar dúas horas. Tamén se lembra a importancia de levar o DNI ou calquera outro documento identificativo e evitar comidas copiosas antes de doar. Para doar tes que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg. Para máis información deberase chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.








Comentarios