top of page

Lalín avanza na creación da Gran Praza co acordo da adquisición dos terreos por 2,5 millóns

"Permitirá configurar un espazo de uso público de aproximadamente 8.000 metros cadrados de superficie na contorna da Praza da Igrexa, a Praza da Vila e a Rúa X", sinala o alcalde


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín deu a coñecer onte os importantes avances na compra dos terreos para acometer o proxecto da chamada Gran Praza, "o que permitirá configurar un espazo de uso público de aproximadamente 8.000 metros cadrados de superficie na contorna da Praza da Igrexa, a Praza da Vila e a Rúa X", tal e como sinala o alcalde do municipio, José Crespo.

Estamos a falar", explica, "da adquisición de catro parcelas -incluíndo as vivendas que haberá que derrubar- e dun camiño, que suman unha superficie de 2.900 metros cadrados maioritariamente pertencente a dúas familias. Vaia por diante o meu agradecemento a estes propietarios pola súa boa predisposición para vender os terreos, evitando unha expropiación que dilataría o proceso e que posiblemente acabaría sendo máis gravosa economicamente para as arcas municipais".


Segundo o acordo alcanzado, o Concello pagará polos terreos 2.572.922 euros, "unha cantidade perfectamente asumible dada a fortaleza financeira das arcas municipais e tendo en conta que tentaremos fraccionala en catro anualidades de 643.230,5 euros. Quero precisar que este importe, que é sensiblemente menor que as aspiracións iniciais dos propietarios, conta coa valoración favorable dos técnicos municipais, que son os que en realidade realizan a taxación do valor que é xusto e viable para o concello", subliña o mandatario.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por último, resalta que a compra destes terreos non só "era un dos nosos compromisos electorais da campaña de 2019, senón que ademais é unha oportunidade histórica para o pobo de Lalín. Grazas a esta operación, Lalín poderá contar no centro neurálxico do pobo cun espazo público, polivalente e pensado para as persoas. Penso que calquera que lle queira a este pobo e teña un pouco de visión a medio e longo prazo, non pode estar en desacordo coa Gran Praza".


1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
Feb 01, 2023

Lalín cada vez vese máis pobre e abandonada.

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page