top of page

José García organiza esta fin de semana unha recollida de produtos de hixiene persoal en Laro

Do 15 ao 31 de xullo será o prazo para enviar fotos para o seu concruso de imaxes enxebres

Laura Moure/Silleda

O veciño de Laro José García organiza esta fin de semana unha recollida de produtos de hixiene persoal. Será no Centro Cultural de Laro e seguiranse todas as medidas anticovid. Irán destinados ao programa Silleda Solidaria. Será de 9:30 a 20:00 horas.

Por outra banda, do 15 ao 31 de xullo arranca o concurso de fotografías organizado tamén por este veciño. É un concurso de imaxes enxebres sobre aparellos que usaban os nosos avós ou antepasados, de vacas galegas, de como lavaban nos ríos...


Deben enviarse ao teléfono 681 198 383 e con todas García fará exposicións pola comarca de Deza. As fotos subiraas ao Facebook o 1 de agosto e haberá tres trofeos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page