top of page

José Manuel Pérez optará á reelección como alcalde de Melide

Subliña "a importancia de continuar cun proxecto que está a transformar Melide"


Laura Moure/Melide

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, anunciou oficialmente esta mañá que volverá a encabezar a lista de Adiante Melide nas eleccións municipais do 28 de maio para manterse ao fronte do Concello de Melide.

“A responsabilidade de defender un proxecto que está a transformar Melide unido ás palabras de apoio que me brinda a veciñanza fixeron que tomará a decisión de optar á reelección”.


Pérez destacou “ a necesidade de consolidar todos os avances acadados durante os últimos catro anos, pero tamén de ir máis alá, seguir avanzando para que Melide medre”.

Así mesmo, afirmou “nesta lexislatura acadamos avances importantes con fortes investimentos en obras tanto no rural como no centro urbano, creamos sendas peonís, programamos moita máis cultura e actividades para facilitar a conciliación, implantamos novos servizos no ámbito social, elaboramos campañas para o comercio local, hostalería e o turismo, etc. Temos máis servizos públicos que nos proporcionan unha mellor calidade de vida”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Ao igual que fai catro anos, o equipo que me acompaña mais eu defenderemos un proxecto por e para Melide, sen ataduras de ningún tipo e sen que dende Santiago nos manden as instrucións do que temos que facer".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page