top of page

José Luis Calo: "Acabaremos co clientelismo político e salvaremos os servizos públicos"

Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) quere estar presente nas catro provincias galegas nas vindeiras eleccións municipais


Ecos da Comarca/Xeral

A formación política Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) quere estar presente nas catro provincias galegas nos vindeiros comicios electorias. "Acabaremos co clientelismo político e salvaremos os servizos públicos”, destaca José Luis Calo, o actual coordinador de UCIN.

José Luis Calo.
José Luis Calo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
"O esforzo para o seu progreso ten que ser feito entre todos, con xenerosidade e urxencia. Por iso queremos estar presentes nas catro provincias nas próximas eleccións municipais. A folla de ruta é clara: asentar o proxecto cunha estrutura territorial forte e ofrecer ao votante unha oportunidade de cambio.
Galicia está formada por un total de 313 municipios, nos que esteamos presentes imos traballar como o fixemos ata hoxe, sabendo que nos xogamos conseguir un cambio en Galicia. En Galicia hai fidelidade de voto, pero é verdade que hai unha porcentaxe de abstencionistas e de indecisos que poden facer que as cousas cambien. Os galegos teñen que decidir e non é fácil porque se goberna o PP o partido da “colocación e chiringuitos”, gobernará o Bloque, o nacionalismo que coñecemos os galegos: o do non á Constitución, e do non á Unión Europea.
En UCIN apartámonos da crispación política que estamos a sufrir actualmente. Vimos dar solución aos problemas que realmente demandan os cidadáns nos nosos municipio. A sociedade galega é consciente de que se queremos ter resultados diferentes, necesitamos facer algo distinto. Os gobernos que tivemos do Partido Popular e PsdG – BNG, xa nos demostraron que non son capaces de construír unha Galicia que aproveite todo o seu potencial.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) temos un proxecto para poder levantar este país, defender a Sanidade, acabar coas listas de espera, a falta de pediatras e a sensación que teñen moitas persoas de que na Sanidade non teñen a atención que necesitan, a educación pública e para darlle futuro á xente nova, oportunidades facendo política de vivenda e gratuidade dos estudos ata o fin da Universidade", destaca José Luis Calo.

José Luis Calo, Coordinador UCIN Galicia, en reunión coa dirección da Executiva Nacional de UCIN, representada polo seu Presidente Ángel Montealegre Comino, aprobaron os nomeamentos dos cargos directivos a nivel autonómico. "UCIN é un partido político independente, formado por cidadáns que teñen ganas de cambiar as cousas. Unión de Cidadáns Independentes, non se sustenta, nin se ampara na inercia e o respaldo dos grandes partidos políticos de índole estatal ou rexional. Somos un partido de rexeneración necesario ante o abandono dos cidadáns continuamente abandonados por un marco de bipartidismo".

  • José Luis Calo. Coordinador UCIN Galicia.

  • Silvia Gómez Gómez. Arquitecta Técnica, Concelleira no Concello de Tordoia.

  • Marcelino Giráldez Sio. Funcionario da Administración Local. Diplomado en

Dereito Tributario e Asesoría Fiscal Internacional. Coordinador e Candidato á

Alcaldía de Mos.

  • Alfonso Hortas López. Técnico Superior Delineación. Administración e Xestión de

Empresas. Coordinador UCIN Lugo.

  • María del Carmen Díaz Álvarez. Diplomatura de Maxisterio.


José Luis Calo destaca a valía "dos novos responsables de UCIN na comunidade galega persoas preparadas e comprometidas, cunha gran implicación no cambio que Galicia necesita. Unha proposta innovadora, afastada de adscribirse a ningunha ideoloxía".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page