top of page

Investigado un home de Valencia por extorsión sexual tras presentarse unha denuncia en Arzúa

27 nov 2021
1 min de lectura

A vítima chegou a pagarlle 3.600 euros antes de poñer os feitos en coñecemento das autoridades


Ecos da Comarca/Arzúa

O Equipo @ de Milladoiro en colaboración co Equipo de Delitos Tecnolóxicos (EDITE) de Valencia investigou a un home como presunto autor dun delito de estafa na modalidade de “ sextorsión” na fase de explotación da operación Arpu. A operación iniciouse por mor dunha denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Arzúa.


Nela, o afectado comunicaba contactar cunha persoa que supostamente ofrecía servizos de índole sexual a través dunha serie de anuncios dos medios de comunicación. Máis tarde, comezou a recibir mensaxes e chamadas ameazantes para que ingresase diversas cantidades de diñeiro para non publicitar os feitos. O prexudicado accedeu ao ingreso da primeira cantidade pedida considerando que así satisfaría a demanda dos extorsionadores, comprobando que tras realizar os ingresos volvía recibir unha nova solicitude de diñeiro.

En total, a vítima abonou 3.600 euros antes de denunciar a extorsión.Tras o estudo minucioso da información, as forzas policiais lograron identificar ao presunto autor, un veciño de Paterna (Valencia). Unha vez coñecida a autoría, o Equipo @ solicitou a colaboración do EDITE de Valencia para proceder á súa investigación como presunto autor dun delito de estafa na modalidade de “sextorsión”. O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Arzúa

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page