Investigado un arzuán por apropiación indebida de 65.450 € a un anciano con problemas de memoria
- ecosdacomarca

- 13 ago 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A Garda Civil do Posto de Arzúa abriu unha investigación contra un veciño da localidade, de 63 anos, como presunto autor dun delito de apropiación indebida. Acúsaselle de retirar da conta bancaria dun home de 84 anos con problemas de memoria un total de 65.450 euros durante os últimos dous anos.

A investigación iniciouse por mor dunha denuncia presentada polo sobriño da vítima. Un familiar afastado do ancián observou ao investigado e á vítima nunha entidade bancaria retirando elevadas sumas de diñeiro, o que espertou as súas sospeitas.
Publicidade
Este familiar puxo os feitos en coñecemento do sobriño da vítima, quen, ao compartir o seu pai a titularidade da conta corrente co ancián, puido comprobar as numerosas retiradas de efectivo realizadas durante os últimos dous anos, que ascendían a un total de 65.450 euros.
Publicidade
O diñeiro retirado non se correspondía cos gastos habituais do ancián, que vive só e ten problemas de memoria. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.








Comentarios