top of page

Interceptada en O Pino unha condutora novel tras ir a 216 km/h e dar positivo en alcoholemia

Ecos da Comarca/O Pino

A Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela interceptou a unha condutora novel de 21 anos ao detectar que circulaba a máis da velocidade permitida. En concreto, a moza ía a 216 quilómetros por hora, nun tramo limitado a 120, polo A-54 á altura do municipio do Pino e ademais, deu positivo en alcoholemia e acabou impactando contra outro vehículo.

Os feitos ocorreron o pasado domingo cando os axentes estaban levando a cabo un control rutinario no quilómetro 86 desta autovía. Tras detectar que o vehículo viaxaba a unha velocidade por riba do permitido decidiron seguilo para notificarlle a denuncia ao seu condutor, pero debido ao exceso de velocidade o coche acabou impactando contra outro.


Tras auxilialos, procederon a facerlle a proba de alcoholemia á condutora que viaxaba a gran velocidade, na que case duplicou a taxa máxima permitida, cun resultado de 0,25 mg/l, porque cabe recalcar que a taxa máxima para os condutores noveis é de 0,15 mg/l.


Investigada

A moza enfróntase agora a un delito contra a seguridade viaria, porque ademais será investigada por exceso de velocidade ao superar en máis de 80 km/h a velocidade permitida en autovía para os condutores noveis e terá que comparecer nos xulgados de Arzúa.


O Código Penal contempla para dito delito pena de prisión de tres a seis meses ou multa de seis a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, á privación do dereito de conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page