top of page

Inaugurada xunto a Capela de San Roque a escultura “Be welcoming” do canadiense Timothy Schmalz

Laura Moure/Melide

A capela de San Roque de Melide acolleu a inauguración da escultura “Be Welcoming” (“Sexan acolledores”) elaborada polo escultor canadiense Timothy Schmalz. Ao acto acudiron o obispo da diócese de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o representante da diocese, Jesús Salvador López, o párroco de Melide, José Manuel Melle

Parajuá e o alcalde, José Manuel Perez, entre outros.


Publicidade

A obra, inspirada na Carta aos Hebreos, é unha invitación á acollida cara aos que máis a

miúdo soportan a indiferenza dos demais.


A escultura, que chegou a Melide previa a doazón do filántropo John Studzinski á Diocese

de Lugo, chegará según o autor “a todos os peregrinos dándolles a benvida para

contemplar a espriritualidade oculta en cada un”. Schmalz destaca demais que “a

escultura tamén actúa como un monumento a todos aqueles peregrinos que percorreron

este Camiño buscando o anxo oculto neles ao longo de moitos séculos”.


Publicidade

O alcalde Melide, José Manuel Pérez, agradeceu “a elección de Melide como sede

permanente desta escultura, que vai quedar para a historia patrimonial da nosa vila, unha

vila que naceu en pleno do corazón de Galicia grazas ao Camiño de Santiago.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page