top of page

Hoxe inaugurase en Santiso unha exposición fotográfica en homenaxe a Avelino Miguélez Pereiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Santiso

Hoxe, luns 15, terá lugar a inauguración dunha exposición fotográfica ubicada na igrexa de Barazón Grande, no municipio de Santiso, con motivo do primeiro centenario do nacemento de Avelino Miguélez Pereiro "O Corredoiras". Será ás 13:00 horas.

Esta mostra é creación dos veciños de Barazón e Chorén e poderase ver tanto hoxe coma mañá. Ademais, hoxe haberá distintas actividades tanto pola tarde como pola noite e o día 16 haberá unha misa de homenaxe ás 19:00 horas. Tamén haberá un sorteo de fotografía para maiores e de regalos para nenos ata os 12 anos. Esto será mañá ás 20:00 horas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Colaboran con esta exposición os veciños de Barazón e Chorén, o Concello de Santiso, a Universidade de Manchester por medio do profesor John Gibbons e está organizada por Armando "O Corredoiras" xunto coa súa familia, entre esta as súas irmáns Isabel, Fina e Luisa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page