Hoxe clausúrase o Mercado Medieval de Melide que volve ao pasado con distintas actividades
Laura Moure/Melide
As rúas de Melide acollen dende o venres aa hoxe, domingo, o Mercado Medieval, que reúne veciñanza e persoas visitantes arredor de medio cento de propostas e actividades para todos os públicos.

PUBLICIDADE
Artesanía, gastronomía, música, teatro, espectáculos, danzas, animación itinerante e un amplo programa infantil forman parte destas tres xornadas. Inclúe música, gaitas, fanfarras, tambores, teatro e animación de rúa, ademais do espectáculo nocturno "Cazadores de dragóns".

PUBLICIDADE
O domingo, o mercado volverá abrir as súas portas ás 11:00 horas e despedirase ás 21:45 horas cun pasarrúas final no que participarán todas as compañías.
PUBLICIDADE
A celebración coincide un ano máis co Mercamelide na Rúa, que reúne a 19 establecementos comerciais e reforza a dinamización do comercio local durante toda a fin de semana.
PUBLICIDADE
Toda a programación: https://www.ecosdacomarca.com/event-details/mercado-medieval-e-mercamelide-na-rua-en-melide (Nos vindeiros días publicaremos reportaxe audiovisual).











Comentarios