top of page

Hoxe, 16 de novembro, ábrese o prazo de inscrición para participar no Cross de Santiso

Esta cita deportiva dispútase o 30 de maio de 2026 e cumprirá 40 anos


Laura Moure/Santiso

ree

O 30 de maio do 2026 desenvolvarase unha nova edición do Cross de Santiso, que cumprirá 40 anos. "Unha festa deportiva que pouco a pouco foi collendo pulo e foise facendo cun nome dentro do eido das probas deportivas galegas. Asemade, cómpre salientar que este ano é especial, pois cúmprense corenta anos da primeira edición", sinala a organización. Ademais, hoxe, domingo, 16 de novembro, ás 21 horas, abrirase a inscrición para todas as categorías e haberá nesta ocasión, 500 prazas para a categoría adulta, 300 para as diferentes categorías infantís e 200 para os e as participantes na andaina, "pois desde a organización pretendemos, coma cada ano, poder dar un servizo de calidade e manter o nivel acadado nestes últimos anos, polo que nos vemos na obriga de restrinxir ou, mellor dito, moderar as prazas para esta modalidade".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Tanto as persoas maiores coma os cativos e cativas esperan con ansia esta cita anual en Santiso, na que cada ano a festa é maior, mais non perde o espírito e as motivacións coas que naceu, aló polo ano 1986, da man duns mestres e dunhas mestras do noso marabilloso e benquerido colexio de Visantoña. Co mestre Manolo Castro e cos demais integrantes do claustro á cabeza, botouse a andar o Cross de Santiso, o que se convertiría co paso das sucesivas edicións nunha xornada de convivencia entre escolares e toda a veciñanza da bisbarra. Esta segue a ser a nosa senda e o aumento anual, tanto de público coma de participantes, o noso orgullo", salienta.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Cross de Santiso, coma proba deportiva e coma festa familiar, apunta, "goza de boa sona e moita saúde en todo o país, de sobras coñecida entre os e as atletas, pois hoxe en día é a carreira galega con máis nivel dentro das probas sen premios en metálico, tamén para o público máis pequeno. Cativos e cativas da comarca e de fóra da mesma adoitan participar no Cross, pois é unha xornada chea de xogos, deporte e amizade". Inscricións e toda información no enlace:  https://crossdesantiso.com/

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page