"Gústame axudar a toda esa xente sen recursos que o está a pasar mal e cada paso hai máis"
"As campañas solidarias hai que facelas todo o ano, non só en Nadal porque toda esas persoas sen recursos necesitan da nosa solidaridade todos os días"

ENTREVISTA AO SILLEDENSE JOSÉ GARCÍA GARCÍA POLA SÚA LONGA TRAXECTORIA SOLIDARIA A FAVOR DE DISTINTAS CAUSAS
Laura Moure/Silleda
O silledense José García García da parroquia de Laro é desas persoas que deixan pegada aí por onde pasan. Está continuamente pensando nos demais e intenta axudar en distintas causas. Por iso son múltiples as campañas que organiza na Comarca de Deza ao longo de todo ano para contribuír con distintos colectivos e persoas. Recollida de alimentos, de calzado e roupa, de material escolar, de medicamentos, de produtos de hixiene, mercadillos solidarios... son moitas das accións que leva a cabo. Hoxe quixemos coñecer máis del.
1. Son moitas as campañas solidarias que levas facendo a favor de distintas causas. De xeito, xa te chaman o Samaritano de Laro. Por que estás sempre disposto a axudar os demais?
Porque me gusta axudar a toda esa xente sen recursos que o está a pasar mal e cada paso hai máis que necesita acudir a un banco de alimentos por culpa desta crise. E porque as campañas solidarias hai que facelas todo o ano, non só en Nadal porque toda esa xente sen recursos necesita da nosa solidaridade todo o ano.
2. A xente valora todo o que fas?
Si moito. Son moitas as persoas que me agradecen día tras día polas redes sociais e máis en persoa por todo o que estou a facer e iso dame máis impulso para seguir realizando iniciativas benéficas a favor das persoas sen recursos e mentras poida seguirei.
3. E como responde a sociedade?
Bastante ben dentro do que estamos a vivir por culpa da crise a xente está respondendo bastante ben. A última que fixen foi unha recollida solidaria de produtos de hixiene persoal a favor da Asociación O Mencer que foi no Centro Comercial Pontiñas e ese día conseguín xuntar dous carros de compra cheos destes produtos, polo que a xente está respondendo bastante ben.
4. Así adoitan colaborar contigo.
Si, porque agora xa me vai coñecendo cada paso máis a xente da comarca de Deza e non dubidan en poñer un granito de area. Incluso as tendas, bares, etc… sempre están dispostos a colaborar conmigo como puntos de recollida dalgunha cousa que me faga falta. E os medios de comunicación, como por exemplo, Ecos Da Comarca, sempre están dispostos a colaborar.
5. Ademais, buscas un sonriso dos máis pequenos e sempre contactas con Papa Noel para que visite a distintas aldeas. ¿Este ano volverá?
Si este ano volverá a percorrer distintas aldeas do concello de Silleda como Laro, Parada e Refoxos e ademais desta volta intentará chegar a algunha do municipio de Lalín por sorpresa. Porque hai que manter con vida as nosas aldeas. Non as podemos deixar morrer!
6. Agora traballas na organización dun desfile de moda benéfico en Lalín a favor da Asociación Española Contra o Cancro. Aí necesitas voluntarios. ¿Cando será e que é o que precisas para levalo a cabo?
Pois si estamos a traballar eu e máis a miña compañeira Inés Pérez na organización dun desfile de moda benéfico en Lalín a favor da Asociación Española Contra o Cancro que se celebrará no mes de marzo de 2023. Aínda non sabemos o día, pero tan pronto como o saibamos xa volo comunicaremos e celebrarase no Centro Comercial Pontiñas. Imos necesitar voluntarios e voluntarias que queiran facer de modelos por un día e máis maquilladoras ou maquilladores que queiran colaborar neste evento. Tamén voluntarios calvos para poder facer un desfile con perrucas para que todas esas persoas que lle cae o pelo por culpa da quimioterapia se animen a sacar a pañoleta e a cambien por unha perruca. Ademais vamos a intentar que o desfile de moda sea inclusivo para que as persoas con discapacidade poidan participar no desfile.
7. Nas túas acción solidarias moitas das veces contas coa colaboración de Inés Pérez, como no caso anterior do que nos falaches. Como defines a túa compañeira?
A parte de ser moi fermosa é unha das mellores persoas que se cruzou no meu camiño ademais somos moi bos amigos e é moi boa persoa cun gran corazón de ouro e moi solidaria. É toda unha campiona porque nunca tira a toalla porque loita para diante ata conseguir as súas metas. Ademais hai moi poucos anos que consiguiu vencer o cancro Her2 triple positivo estadio 3. E téñolle que lle dar as grazas a Asociación Española Contra o Cancro por me aceptar de voluntario porque grazas a iso conseguín coñecer unha excelente muller digna de admirar. Terá os seus fallos coma todos e todas, pero é unha excelente persoa, desas que hoxe en día quedan moi poucas.
8. Ademais da palabra solidaridade que forma parte da túa vida, a maxia tamén ten moito que ver contigo. ¿Dende cando che gusta a maxia e onde adoitas facer os teus espectáculos?
Dende fai cinco anos. Todo empezou por un festival que facemos tódolos anos os de Aspadeza. Dende ese día fun aprendendo a facer cada paso máis trucos de maxia. A maxia fágoa en eventos benéficos e en festas como as de esta ano de Laro e de Lalín. Tamén estou dispoñible para ir a aniversarios e cabe mencionar que fixen un curso de maxia con Julio Rivera.








Comentarios