top of page

Grandes expectativas e eloxios nas mesas de negocio de Turexpo e Salimat Abanca

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Sumaron 3.600 reunións con turoperadores e compradores


Laura Moure/Silleda

O XIII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, e o 27º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, celébranse desde o pasado xoves e ata o domingo no marco da 46ª feira Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda. Dentro da súa vertente máis profesional estes certames acolleron durante todo o día de onte e a mañá de hoxe máis de 3.600 reunións nas súas mesas de negocio.


Así, o Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, celebrou a súa recoñecida Bolsa de Contratación, a cal, co apoio da Axencia Turismo de Galicia, volveu converterse nunha efectiva plataforma comercial para o sector coa celebración de máis de 2.300 reunións. Nelas preto de 160 empresas puideron mostrarlles as súas propostas a 33 operadores turísticos con presenza en once países, como son Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, España, Italia, Israel, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Xordania e Filipinas. Estas eran, na súa maioría, axencias tradicionais ou axencias de “incoming” (axencias de receptivo especializados en destino España e Portugal que traballan para emisores doutros mercados), buscando outras especificamente propostas relacionadas co turismo de benestar, de incentivos, familiar ou relixioso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Estes operadores turísticos reportaron á organización a súa satisfacción coas propostas e destinos que puideron coñecer no salón, realizando mesmo máis contactos de calidade do que esperaban, ademais de sinalar que este tipo de encontro permítelles facer máis negocio que en eventos de Madrid, Berlín ou Londres, onde hai demasiada xente. Pola súa banda, as empresas participantes na Bolsa, destacaron que as súas expectativas de negocio son altas. 

 

Pola súa banda, o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, acolleu os seus Encontros Internacionais de Compradores, un espazo que facilita ás empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en España como noutros países. Neles leváronse a cabo máis de 1.300 reunións nas que 150  empresas mostraron os seus produtos a 33 importadores e distribuidores alimentarios de dezanove países, como son Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Costa Rica, España, Finlandia, Francia, Italia, Israel, Xapón, Lituania, México, Malta, Polonia, Reino Unido, República Checa e Suecia. Deles, vinte e catro foron importadores e os restantes correspondíanse con compradores nacionais, que eran distribuidores e catro cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son Carrefour, Gadisa, El Corte Inglés e Lidl, sendo a primeira vez que esta última participaba nos Encontros. 

O feedback recibido por parte dos compradores é moi positivo, con opinións tan favorables como a dun importador alemán que considera que Salimat Abanca é a mellor feira rexional de produtos gourmet na que participou. Con este gran interese por parte de importadores e distribuidores, as empresas participantes calificaron os encontros de moi satisfactorios.


Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2024, que se converteron unha vez máis nunha eficaz ferramenta de venda, contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentaria de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Fam trip 

A estas mesas de negocio engadirase unha pequena viaxe de familiarización na que participará a maioría de operadores turísticos asistentes á Bolsa de Contratación de Turexpo Galicia e tamén algúns dos compradores que acoden aos Encontros Internacionais de Salimat Abanca. Comezará esta tarde cunha visita ao Pazo de Oca e os seus históricos xardíns en A Estrada e á finca de enoturismo María Manuela, en Boqueixón. 


Hoxe coñecerán Ferrol, realizando unha viaxe en barco pola ría, visitando tanto o Castelo de San Felipe como o Arsenal e o museo Exponav e tamén degustando produtos do mar no Parador da cidade. Ademais, trasladaranse a Betanzos para pasear polo seu centro histórico e probar produtos locais .Xa o domingo coñecerán o tramo final do camiño de Santiago, visitarán a Catedral e rematarán a viaxe descubrindo o centro histórico de Compostela.


Hoxe comeza o programa máis lúdico

A Feira Internacional Abanca Semana Verde 2024 pon en marcha este sábado o seu

programa orientado a todos o públicos, o cal se estenderá ata o domingo e incluirá

desde competicións caninas ou exhibicións ecuestres ata shows de motor ou máis

diversidade de showcookings e degustacións.

0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page