Laura Moure/IsmaelRS/Deza
Esta semana falamos co gandeiro de Vila de Cruces, Adrián Riádigos, que estaba na compañía do agoladés Brais Oro, na gandería Oro Trastoy da Baíña (Agolada), propiedade deste último, para coñecer as súas reivindicacións ante a crise do sector. Xa nos adiantou que se reuniría onte, venres, co delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Como diciamos este venres ás 13:00 horas un grupo de 12 gandeiros do sector da carne e do sector do leite que representa a un grupo de gandeiros que se xuntaron dende Ribadeo, Lugo, Corgo, Lugo, Silleda, Lalín, Forcarei, Dodro, Baixo Miño, cun grupo organizado en Portugal, e un grupo en contacto coa parte de Asturias... achegáronse a Delegación do Goberno na Coruña, para ter unha reunión co Delegado do Goberno baixo o paraguas de Unións Agrarias e o Sindicato Labrego que despois convidou á asociación Asaga.
Publicidade
"Na reunión fixéronselle as achegas dos puntos da PAC que acordaron en reunión os principais sindicatos para diferenciar as características da cornisa cantábrica", explica Adrián Riádigos.
Adrián Riadigos e e o gandeiro Alejandro Villaveirán expuxeron "o mal estar do sector coa mala implantación da Agenda 20/30 co apartado da caderno de campo, e as achegas do uso cisternas de arrastre cando Galicia cumpre cos estándares establecidos pola Comunidade Económica Europea...".
Publicidade
Trasladaron o seu mal estar xa que o ser unha situación excepcional onde o sector do campo está a sufrír unha crise sen precedentes, quixeron a chegar ao Delegado do Goberno e aos Sindicatos Unións Agrarias, Sindicato Labrego e ASAGA, a súa intención de formar parte nas reunións seguintes ata que se den mostras de acordos claros, de que se van a modificar puntos esenciais para os gandeiros e agricultores de Galicia, "xa que acadamos unha desconfianza no sector sindical que nos fixo chegar a esta situación do cal o sector está moi falto de confianza", recalca Riádigos.
Kommentare