Piden unha rectificación tras o comunicado realizado este luns polo concelleiro de Deportes, Xuventude e Agricultura de Lalín, Avelino Souto, "realizando unhas declaracións moi inoportunas para o sector e dunha falta de respecto ao cargo que obstenta"
Ecos da Comarca/Deza
Dende Gandeiras e Agricultores Galegos sinalan que se vén na obriga de saír a pedir unha rectificación tras o comunicado realizado este luns polo concelleiro de Deportes, Xuventude e Agricultura de Lalín, Avelino Souto, "realizando unhas declaracións moi inoportunas para o sector e dunha falta de respecto ao cargo que obstenta".
Publicidade
"Fala da carga burocrática que realiza unha persoa con catro galiñas, pero sen embargo ou descoñece ou obvia que a comarca de Deza está cunha preocupación polas dúas noticias de estes últimos días: os niveis de nitratos acumulados no concello xunto coa carga UGM rozan o límite establecido pola Unión Europea, podendo verse seriamente afectada a cabaña gandeira da comarca. A outra noticia e a posible implantación da planta Altri en Palas De Rei, co apoio da Xunta de Galica, o cal de implantarse na zona do alto Ulla, a Comarca do Deza veríase obrigada a reducir a cabaña gandeira un 30% pola acumulación de contaminacion, nitrato... que acarrearía esta planta para toda a contorna cun consumo de auga que equivalería a 60 macrogranxas dunhas 23.000 cabezas de gando nun único punto Portodemouros, xa non entrando nos problemas que atañen o sector estos días como son as peticións da eliminación da BCM10, eliminación do caderno dixital, eliminación do veterinario de explotación, lei de cadea alimentaria e a reducción dos contratos de leite de estes últimos días. Cabe recordarlle que nos gustaría que se fixese menos demagoxia co sector, xa que as competencias no sector agro gandeiro están transferidas á Xunta de Galicia", recalcan.
Publicidade
E lembran o DECRETO 149/2018, de 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería del Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, de 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.
Opmerkingen