top of page

Galicia pecha 2025 con 6.807 persoas desempregadas menos ca hai un ano

Na comparativa anual, cae o paro en Galicia (-5,73%) ata as 112.031 persoas, mentres o número de cotizantes á Seguridade Social sobe ata os 1.097.288 (+1,64%)


Ecos da Comarca/Xeral

Galicia pecha 2025 cos mellores datos da serie histórica para un mes de decembro tanto no número de persoas desempregadas como no das afiliacións á Seguridade Social. En concreto, con 112.031 persoas, contamos coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996) e, con 1.097.288 cotizantes, é tamén o mellor decembro en afiliacións á Seguridade Social. Así o destacou onte o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, na valoración das cifras relativas ao pasado mes.

Pablo Fernández resaltou que en decembro se rexistraron 6.807 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -5,73 %. De xeito transversal, o paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-10,56%), seguido da construción (-9,25%), da industria (-7,96%)  e, por último, dos servizos (-4,73%).


No relativo aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de decembro de toda a serie histórica (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 3.450 persoas (-5,06 %); nas persoas desempregadas menores de  30 anos, hai 52 menos (-0,40 %); e o recorte é de 4.606 persoas no caso dos parados de longa duración (-7,71%).

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

No relativo ás afiliacións, Galicia suma 17.715 novos cotizantes á Seguridade Social en relación con decembro de 2024 (+1,64%) ata acadar os 1.097.288, o mellor dato para ese mes da serie histórica (2004).

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Neste sentido, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais sinalou que estes resultados avalan as políticas activas de emprego da Xunta na procura dun mercado laboral activo, consolidado e que xere empregos de calidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page