A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, entregou aos responsables da compañía a certificación e a nova sinalización que identifica ás empresas adheridas ao selo de garantía
Laura Moure/O Pino
A xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, reuniuse cos responsables da empresa Tartas La Abuela, nas súas instalacións do Pino, para entregarlles a certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, con validez para os próximos trinta anos, e que permite á empresa engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.
Publicidade
Tartas La Abuela é unha empresa que nace en 1981 da man da familia Rodríguez Piñeiro cun desexo: elaborar Torta de Santiago da máis alta calidade. Co paso dos anos quixeron ampliar horizontes desde a sensibilidade de unir a arte coa gastronomía.
Publicidade
Nesta xuntanza a responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso que manteñen coa repostería tradicional", á que unen innovación e tecnoloxía na súa elaboración, para satisfacer os criterios de excelencia que agardan os seus clientes.
Publicidade
Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con preto de 170 empresas adheridas, con máis de 850 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.
留言