top of page

Florida desfrutará do cocido de Lalín da man da comunidade galega en Miami

Laura Moure/Lalín

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este xoves no concello de Lalín, á presentación das xornadas do Cocido que se realizarán en Miami en marzo do próximo ano, xunto ao alcalde da capital de Deza, José Crespo,e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de USA, José Manuel Brandariz.


Rodríguez Miranda trasladou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa que permitirá gozar, grazas á comunidade galega de Miami, dun dos principais produtos gastronómicos galegos como é o cocido, que conta coa cualificación de Festa de Interese Turístico Internacional. “A colaboración da Xunta de Galicia co concello de Lalín e a Aegusa fará posible a potenciación da gastronomía galega nesta cidade norteamericana”, engadiu Miranda, quen felicitou á comunidade galega de Miami por esta iniciativa que “potencia aínda máis o noso nexo de unión”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page