top of page

Fin de semana de agility na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda

Terá lugar un seminario impartido por dous recoñecidos profesionais deste deporte canino


Laura Moure/Silleda

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda convértese esta fin de semana en centro formativo para unha vintena de afeccionados ao agility procedentes de distintos puntos de Galicia. Será a través dun seminario con prazas limitadas organizado pola asociación Galician Agility Festival, o cal contará como formadores con dous reputados

agilitistas internacionais. Trátase da polaca Joanna Michalska e o español Óscar Morales, ambos participantes en numerosas ocasións en finais internacionais e con gran recoñecemento neste deporte canino.

Joanna Michalska

Durante estes dous días os agilitistas ensinarán aos participantes, entre outros aspectos, a crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e condución en pista.


Este seminario é o cuarto organizado pola asociación, a cal xa contou con outros recoñecidos profesionais para as súas actividades formativas, como Verónica Odone, campioa do mundo 2023 que xa estivo en tres ocasiones, o campión de España Axular Casado ou o subcampión do mundo por equipos Álex Sequeiros. O próximo mes de maio será o actual campión do mundo, Adrián Bajo, quen oriente a todos os participantes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información.

Uns relatores que reflicten o gran nivel dos seminarios organizados por Galician Agility Festival, unha asociación de recente creación que nace ante a gran afección polo agility na Comunidade e o interese pola formación neste deporte canino, e cuxo obxectivo é dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional, para o que escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades. Unha elección na que foron determinantes tanto as súas instalacións como a súa localización xeográfica no centro da Comunidade, resultando segundo este colectivo “unha contorna incrible para a práctica do agility”.


Información e reserva: 664 40 63 37 ou seminarioagilitysilleda@gmail.com


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Importantes eventos en 2025

Tanto os seminarios previos como o que se levará a cabo hoxe e o domingo no recinto, son soamente o comezo dunha intensa actividade da Galician Agility Festival, pois xa planea outros talleres para o vindeiro ano, ademais dun gran evento internacional que nestes momentos están a perfilar.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page