top of page

Fin de semana chea de actividades en Silleda

Laura Moure/Silleda

Esta fin de semana, os días 23 e 24, en Silleda cóntase cunha diversa programación de actividades tanto culturais coma máis enfocadas a divulgación e ao turismo.

O sábado 23, ás 11:00 horas no Centro Social dos Maiores de Silleda poderase asistir á charla Oriéntate no autismo: Como afrontar o diagnóstico TEA dende a relación familia-escola’, que organizan o Concello de Silleda e Aupa Deza. Érica Ordóñez Pardo será a encargada de impartila.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tamén o sábado, ás 10:30 no mosteiro de Carboeiro comeza a programación organizada polo Museo de Pontevedra con motivo do centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos e das saídas que facían os seus membros pola comarca de Deza. Nesta actividade a modo de “xeira” inclúese unha visita guiada por este enclave patrimonial e

turístico, unha conferencia realizada por Francisco Prado-Vilar, investigador distinguido da Universidade de Santiago de Compostela e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Culturais Atlánticas), e por último, haberá unha camiñata ao redor do mosteiro.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O domingo 24 terá lugar a ruta de sendeirismo entre Cira e San Miguel de Castro dentro do programa “Goza do Ulla”. Será unha andaina lineal que vai en paralelo a este río. O percorrido, duns 10 quilómetros, iníciase na praia fluvial de Cira e remátase no Couto do Castro, en San Miguel (parroquia da Estrada). Haberá servizo de bus de balde, saíndo ás 9:00 horas da parada de autobús de Silleda, parando ás 9:10 horas na Bandeira. A volta será dende o Couto do Castro a Silleda. Para inscribirse presencialmente no Concello de Silleda ou chamando ao teléfono 986 580 000.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page