top of page

Festivos locais de 2026 dos concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa

Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publico onte, 30 outubro, a resolución que dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2026 en Galicia inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello e veñen especificados na resolución. 

ree

En canto ás sete grandes cidades, os festivos locais marcados na Coruña son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 7 de outubro (festividade do Rosario); en Ferrol, o 7 de xaneiro (festividade de San Xiao) e o 6 de abril (Nosa Señora de Chamorro); e en Santiago de Compostela, o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 14 de maio (Ascensión). 


No caso de Lugo, os festivos elixidos son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 5 de outubro (San Froilán), mentres en Ourense tamén escollen o 17 de febreiro e logo optan polo 11 de novembro (San Martiño). En relación coa cidade de Pontevedra, as datas de festas laborais serán o 18 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 11 de xullo (San Bieito). Pola súa banda, Vigo terá como festivos locais o 28 de marzo (festa da Reconquista) e o 17 de agosto.  


COMARCA DE ARZÚA:

  • ARZÚA:  17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.

  • BOIMORTO: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de setembro, festas do Rosario.

  • O PINO: 29 de xuño, San Pedro; 22 de xullo, Nosa Señora da Madalena.

  • TOURO: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de abril, Luns de Pascua.


COMARCA DE DEZA:

  • AGOLADA: 29 de xuño, 30 de xuño.

  • DOZÓN: 20 de xullo, luns da Virxe do Carme; 7 de setembro, luns da Pena de Francia.

  • LALÍN: 21 de setembro, festas patronais da Virxe das Dores; 22 de setembro, festas patronais da Virxe das Dores.

  • RODEIRO: 15 de xuño, Santo Antonio; 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

  • SILLEDA:  10 de xullo, festa do Lacón; 24 de agosto, festa da Empanada.

  • VILA DE CRUCES: 10 de agosto, festividade da Nosa Sra. da Piedade; 11 de agosto, festividade da Nosa Sra. da Piedade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

COMARCA TERRA DE MELIDE:

  • MELIDE: 29 de xuño, día de San Pedro; 16 de xullo, día do Carme.

  • SANTISO: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de setembro, festa local de Santiso.

  • SOBRADO DOS MONXES: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro.

  • TOQUES: 15 de maio, día de San Cidre; 2 de setembro, día de Santo Antolín.


COMARCA DA ULLOA:

  • ANTAS DE ULLA: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

  • MONTERROSO:10 de xullo, San Cristovo; 29 de setembro, San Miguel.

  • PALAS DE REI: 28 de xaneiro, San Tirso; 14 de setembro, Ecce Homo.


Resto de festivos

Dos outros 12 festivos restantes, á marxe dos locais, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2026 hai dous festivos nacionais de carácter obrigatorio que coinciden en domingo: o 1 de novembro e o 6 de decembro, que son substituídos polo 19 de marzo e 24 de xuño.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2026 se celebrará o 2 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.


Ligazón á resolución  no DOG:  

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page