top of page

Ferido tras colisionar co seu coche contra un peche dunha leira en Arzúa

22 nov 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa que se saldou cunha persoa ferida. Ocorreu minutos antes das nove da mañá no lugar de Vila de Suso, na parroquia de Dodro.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

O112 Galicia foi alertado por un particular. "Indicábanos que había un accidente e que un mozo semellaba estar desorientado". Con estes datos, o 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Arzúa.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Tempo despois, Protección Civil de Arzúa comunicounos que o vehículo implicado colisionara contra o peche dunha leira e que a persoa estaba desorientada polo que foi atendida na ambulancia no propio lugar e despois trasladada", sinala o 112

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page