Ferido en Arzúa por un guindastre que el mesmo manexaba
Ecos da Comarca/Arzúa
Esta tarde un home resultou ferido en Arzúa polo propio guindastre que manexaba, tal e como informa o 112 Galicia.

O suceso ocorreu uns minutos antes das 18:30 horas. "Un home quedou ferido nun pé ao pasarlle por riba un guindastre na Praza de Galicia", informa o 112 Galicia que ademais, indica que o guindastre era manexado polo propio afectado e descoñécese como puido suceder.
O ferido foi trasladado nunha ambulancia. Ademais ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de localidade.








Comentarios