Falecen dúas persoas nunha colisión entre un camión e un coche en Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O 112 Galicia rexistrou este accidente uns cinco minutos antes das 11:00 horas. Como indicou un particular, un camión tráiler e un coche colidiran frontalmente na N-547, no quilómetro 67. Ademais, podía haber persoas atrapadas.
Decontado, desde

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado de Santiago, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.
Publicidade
Foi unha colisión frontal entre un camión e un coche, onde ían as 2 vítimas.
Publicidade
Logo de que chegasen á zona do accidente, os servizos de emerxencias indicaron que os dous ocupantes do turismo faleceran. Ademais, foi preciso empregar o material de excarceración para podelos liberar, mentres que o condutor do tráiler resultou ferido.








Comentarios