top of page

Falece Xosé Manuel Piñeiro, 'Superpiñeiro', gran referente do audiovisual galego

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Hoxe temos que lamentar o pasamento dun referente do audiovisual e da cultura galega: o de Xosé Manuel Piñeiro, máis coñecido como Superpiñeiro. Naceu en Allariz (Ourense) no ano 1957.

O equipo de ECOS DA COMARCA con PIÑEIRO en febreiro de 2020 en Allariz.
O equipo de ECOS DA COMARCA con PIÑEIRO en febreiro de 2020 en Allariz.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, foi educador, profesor de filosofía e ética na Universidade Laboral de Ourense e orientador educativo nos institutos da Finca Sevilla (actual IES Xesús Ferro Couselo) e As Lagoas. Foi un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia. O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Tamén estivo á fronte de espazos coma Tequelexou, Téquele, téquele ou Acompáñenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presentou o programa Bamboleo na canle autonómica e tamén colaborou na Radio Galega.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En novembro de 2018 anunciou a súa retirada temporal da televisión por padecer un cancro (mieloma múltiple). En 2019 volveu á TVG,participando en varios programas, como o de xurado no concurso dos recanteiros do Luar.


D.E.P. compañeiro!

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page