top of page

Arzúa acollerá un encontro fotográfico para poñer en valor a súa historia e natureza

A iniciativa está organizada pola comunidade creativa Fotowalk Galicia en colaboración coa Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado


Laura Moure/Arzúa

Arzúa acollerá o vindeiro sábado 11 de abril un encontro fotográfico que combinará formación e práctica nun percorrido por algúns dos espazos máis representativos do municipio. A actividade estará organizada pola comunidade de creadores Fotowalk Galicia, cuxo responsable é Sergio García, en colaboración coa Concellería de Turismo de Arzúa, que dirixe Begoña Balado.

O punto de encontro será na Praza de Galiza ás 10:30 horas, desde onde dará comezo unha xornada que permitirá ás persoas participantes achegarse á fotografía de rúa e ao

territorio desde unha perspectiva creativa, poñendo o foco na identidade, na paisaxe e no

patrimonio local.


A programación incluirá unha charla práctica sobre fotografía de rúa na Casa de Correos,

ás 11:30 horas, impartida polo fotógrafo Joshua Ñañez, cunha traxectoria de máis de 15 anos neste ámbito, na que se abordarán cuestións como a captura de momentos

espontáneos, o uso da luz, a composición ou a importancia da narrativa visual. A sesión servirá como punto de partida antes de iniciar o percorrido.

 PUBLICIDADE

A continuación, desenvolverase unha visita guiada polo casco histórico de Arzúa, que

permitirá ás persoas participantes coñecer de primeira man o patrimonio da vila ao tempo que poñen en práctica os coñecementos adquiridos durante a charla.


Ao longo do día, o grupo visitará diferentes enclaves de interese como o Castro Curbín, a aldea de Ribadiso, a Fervenza das Hortas, o encoro de Portodemouros, o Enredo do Abelleiro —Museo Vivente do Mel— e a capela da Fonte Santa, combinando así espazos

naturais, patrimoniais e etnográficos.


A inscrición para participar nesta actividade, de carácter gratuíto, xa está aberta a través do correo electrónico fotowalkgalicia@gmail.com 

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A concelleira de Turismo de Arzúa, Begoña Balado, destacou que “este tipo de iniciativas permiten amosar Arzúa desde unha mirada diferente, poñendo en valor os nosos recursos

naturais, culturais e patrimoniais”. Ademais, sinalou que “é unha oportunidade para proxectar a imaxe do noso territorio a través da creatividade e da fotografía”.


Desde o Concello subliñan que este encontro contribuirá a reforzar a promoción de Arzúa

como destino vinculado á natureza e á experiencia, ao tempo que fomenta a participación e o intercambio entre persoas afeccionadas á fotografía.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page