top of page

Falece un veciño de Arzúa tras ser atropelado na A-6 en Begonte

Ecos da Comarca/Arzúa

Falece un home tras ser atropelado na A-6 en Begonte. O primeiro aviso chegou minutos despois das 20:40 horas.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Foi un dos particulares que viaxaban no coche implicado quen informou ao 112 Galicia de que acababan de accidentarse á altura quilómetro 521 da A-6, ao seu paso por San Martiño de Pacios (Begonte) e en dirección Lugo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Friol-Palas e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou aos Bombeiros de Vilalba.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que se tratara dun atropelo a un home, cuxo falecemento foi confirmado pouco despois polos servizos sanitarios a pesar dos esforzos por salvarlle a vida. As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso.


A vítima é un veciño de Arzúa de algo máis de 40 anos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page