Falece un mozo en Touro tras saírse da vía co vehículo que conducía ao seu paso por Loxo
Ecos da Comarca/Touro

A Axencia Galega de Emerxencias 112 Galicia informa dunha persoa falecida en Touro tras saírse da vía co vehículo que conducía ao seu paso pola parroquia de Loxo. O suceso ocorreu esta mañá e a vítima é un mozo duns 20 anos veciño deste municipio.
Ás 11:00 horas un particular contactaba co 112 Galicia para informar da saída de vía dun vehículo que circulaba pola AC-240, ao redor do punto quilométrico 15. Indicaba, que o condutor e único ocupante do vehículo, xa fora evacuado do seu interior, pero requiría asistencia sanitaria.
Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia informouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. De feito, a aeronave tomou terra moi preto do lugar dos feitos, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais, foron informados de inmediato os Bombeiros de Arzúa, os axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade








Comentarios