top of page

Falece un motorista tras sufrir un accidente contra un tractor en Dozón

hace 55 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Dozón

Este sábado pola tarde produciuse un accidente de tráfico mortal no municipio de Dozón.

Un particular contactou co 112 Galicia ás 16:25 horas para alertar dunha colisión entre unha motocicleta e un tractor na N-525, ao seu paso pola parroquia de Bidueiros, no concello de Dozón, á altura do quilómetro 274.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Na súa chamada, solicitaba asistencia sanitaria urxente para o motorista, que, segundo indicaba, resultara gravemente ferido e saíra despedido tras o impacto.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado ata o lugar do accidente. Tamén se alertou os Bombeiros do Deza, o GES de Lalín e a Garda Civil de Tráfico.


Finalmente, nada se puido facer por salvar a vida do motorista, que faleceu no lugar. A vítima é un home de 52 anos de Caldas de Reis.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page