top of page

A experiencia XGN Intermax 2026 xa está en marcha en Silleda

hace 14 horas
2 min de lectura

Trátase da súa 26ª convocatoria, a cal fai unha chiscadela á vitoria da selección española de fútbol no mundial, denominándose World Champions Edition


Laura Moure/Silleda

A maior lanparty galega, a XGN Intermax, xa puxo en marcha a súa World Champions Edition. Unha edición especial que ten lugar desde onte, venres, ata o domingo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA e que onte pola mañá contou na súa apertura coa participación da directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses.

Esta 26ª convocatoria contaba onte con 923 inscritos na súa Intranet, aínda que a cifra podería aumentar debido a que as inscricións continúan abertas. Estes xa desfrutan e

comparten os seus intereses sobre novas tecnoloxías e lecer electrónico con outros

afeccionados e profesionais, ademais de formarse e tamén competir en diversas áreas.


Cun posto para o seu equipo informático e dereito a acampar no interior do pavillón, todos

eles teñen a posibilidade de navegar, grazas a Intermax Technology, a unha velocidade de ata 40 Gbps. Ademais, conta cun amplo programa de propostas, algunhas exclusivas e

outras nas que poden participar tanto eles como os visitantes que acudan hoxe e mañá á

zona de acceso libre da party, a Extranet.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En canto a propostas para inscritos, arrincaron onte con máis de trinta competicións

centradas en arte dixital, videoxogos, setups (personalización creativa do espazo individual dos participantes na party), carreiras de leds ou programación de robots. Ademais, na área de hardware xa está en marcha a granxa de impresoras 3D e

celebráronse obradoiros como como o centrado en ensamblar un dummy 13, un pequeno

robot articulado, ou o destinado a construír e experimentar cun pequeno coche de xoguete

fabricado mediante impresión 3D que achegou aos participantes de xeito práctico a

conceptos relacionados con enerxía, propulsión, movemento, fricción e fabricación dixital.


De microsoldadura a xogos de mesa, na Extranet

En canto á Extranet, área á que poden acceder onte e hoxe tanto os rexistrados como os

visitantes ocasionais do recinto, xa comezaron tamén as actividades, aínda que serán este sábado cando se celebre a maior parte. Os obradoiros centráronse onte en microsoldadura, aprendendo os participantes desde cero a soldar placas electrónicas.

Ademais, están en funcionamento dende este venres as distintas áreas de videoconsolas,

lentes de realidade virtual, simuladores, futbolín, ping pong, xadrez ou pistas deportivas. E

tamén numerosos xogos de mesa, dende clásico como o Carcassone ou Aventureiros ao

Tren ata familiares como o King of Tokyo e o Sushi Go, pasando polos party, como Polilla

Tramposa ou Flip 7.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Unha programación que conxuga formación e entretemento nunha edición especial que conta de novo co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, a través da Consellería de

Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page