top of page

Falece un home tras unha caída nun domicilio no municipio de O Pino

O suceso ocorreu na parroquia de Lardeiros e foi mobilizado un helicóptero do 061, pero xa non se puido facer nada pola vítima


Ecos da Comarca/O Pino

Temos que lamentar a morte dun home a causa dunha caída esta tarde no municipio de O Pino. O suceso ocorreu sobre as catro da tarde no lugar de Gradamil, na parroquia de Lardeiros. A vítima, duns 70 anos, caeu dunha escada cando estaba facendo labores de poda na súa casa.

Foto arquivo. Autor: Sergas.

Urxencias Sanitarias informou ao 112 Galicia, tal e como sinala este organismo, para indicarlle que mobilizaran un helicóptero medicalizado para un domicilio neste lugar de O Pino.

Inmediatamente, o 112 tamén avisou á Garda Civil. "Pero os servizos sanitarios xa nos comunicaron que a persoa estaba falecida", apunta o 112 Galicia.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page