top of page

Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Ecos da Comarca/Arzúa

Este xoves produciuse un accidente mortal en Arzúa. O suceso produciuse no lugar de Bosende mentres a persoa realizaba labores agrícolas. Malia a rápida mobilización dos servizos de emerxencia, os equipos sanitarios só puideron confirmar o falecemento no lugar.

O suceso tivo lugar contra as 20:25 horas deste serán. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun particular que atopara ao seu veciño accidentado. Segundo a información facilitada, o home quedara atrapado entre o tractor e unha árbore mentres se atopaba cortando leña.

 PUBLICIDADE

Axiña, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Arzúa, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia procederon ás tarefas de liberación para poder rescatar á persoa. Tras retirar o vehículo, os profesionais sanitarios desprazados só puideron certificar o falecemento do home.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page