top of page

Falece un bombeiro en Vigo ao caerlle unha parede enriba

25 may 2024
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Xeral

Falece un bombeiro en Vigo ao caerlle unha parede enriba. O aviso ao 112 Galicia chegou por parte dun particular que se atopaba co bombeiro e máis a Policía Local, minutos antes das 11:30 horas.

O alertador indicou que estaban revisando un tellado na Avenida de Beiramar cando unha parede do inmoble cedeu e caeu enriba do bombeiro, ferido de gravidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Inmediatamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia ata o lugar do suceso, e á Policía Nacional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Trala súa chegada ao punto, as urxencias sanitarias só puideron certificar o falecemento do bombeiro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page