Falece o primeiro presidente e fundador da Banda de Música Isabel II de Touro
- ecosdacomarca

- hace 10 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Onte faleceu en Touro José Iglesias Neira, máis coñecido como Pepe de Coutelao, aos 79 anos. Neira foi o primeiro presidente e fundador da Banda de Música Isabel II de Touro.

Publicidade
"Hoxe a Banda de Touro despide co corazón encollido ao que foi o noso 1º presidente e fundador. Unha aperta para a familia e amigos. Un bico ao ceo Pepe, gracias por todo", sinalou onte a formación musical a través das súas redes sociais.
Publicidade
O enterro celebrouse hoxe na parroquia de Loxo. D.E.P.








Comentarios