top of page

Fabiola García avanza que a Xunta ultima a apertura do punto de encontro familiar do Deza en Lalín

O Goberno galego investiu 125.000 euros neste proxecto que dotará á comarca dun servizo esencial na mediación familiar e protección da infancia


Laura Moure/Lalín

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse este luns en San Caetano co alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Política Social, Avelino Souto. Durante a xuntanza, avanzoulles que a Xunta de Galicia xa está ultimando a apertura do Punto de Encontro Familiar (PEF) de Lalín, que dará servizo á comarca do Deza e que previsiblemente estará en marcha esta primavera.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O Goberno galego investiu 125.000 euros neste proxecto para adaptalo ás necesidades dos puntos de encontro familiar, uns recursos específicos destinados a preservar a relación entre os menores e os outros membros da unidade en situacións complexas ou de crise.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nestes servizos, tal e como recalcou a conselleira, búscase o benestar dos menores e o restablecemento dos vínculos familiares. Deste xeito, salientou a importancia para as familias de toda a comarca do Deza que non terán que desprazarse longas distancias para cumprir cos réximes xudiciais de visitas. 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, na xuntanza abordaron outras cuestións relativas aos servizos sociais do concello, de xeito que o alcalde lle trasladou á conselleira a necesidade existente de novas prazas de educación infantil en Lalín para seguir fortalecendo a conciliación familiar que, nos últimos anos, foi máis doada para as familias grazas á implantación por parte da Xunta da gratuidade desta etapa educativa en todos os centros galegos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page