top of page

Fabiola García anuncia un investimento de 500.000 euros para ampliar a residencia de maiores de Boimorto

O financiamento desta obra enmárcase no Plan de investimentos da Xunta de Galicia para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal


Laura Moure/Boimorto

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou este sábado a aposta do Executivo autonómico por fortalecer a rede de centros para a atención ás persoas maiores que dependen dos concellos. Fíxoo durante unha visita á residencia municipal de Boimorto, que recibirá unha achega da Xunta de Galicia de 500.000 euros para financiar a súa ampliación. Na visita tamén participou a alcaldesa do concello, María Jesús Novo.

A obra proxectada neste centro residencial é unha das máis de vinte actuacións que sufragará o Executivo autonómico ao abeiro do novo Plan de investimentos da Xunta de Galicia para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Este Plan, dotado de 18,5 millóns de euros e acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), inclúe residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais de titulariade municipal.


Publicidade

A través deste Plan, o Goberno galego dará un impulso histórico aos recursos para o coidado dos maiores que teñen os concellos galegos. Ademais, suporá a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diurna.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page