top of page

ExpoBus Iberia volverá ser parada obrigatoria do 24 ao 26 de novembro de 2027 en Silleda

Será a quinta edición deste certame, o cal é o segundo maior do sector a nivel nacional


Laura Moure/Silleda

A quinta edición da Feira do Transporte de Viaxantes por Estrada, ExpoBus Iberia, celebrarase do 24 ao 26 de novembro de 2027 en Silleda. Así o decidiu este xoves o seu Comité Organizador nun encontro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).

A reunión foi presidida pola directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontela, quen destacou o crecemento da feira e a súa edición de récord en 2025 como un reflexo de que as cousas se están facendo cada vez mellor. Acompañárona neste encontro empresas líderes no sector, tanto fabricantes como de transporte de viaxeiros, ademais de asociacións. Así, estiveron representadas a Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses, (ASCABUS), Confederación Española de Transporte en Autobús (CONFEBUS), DIREBÚS España, Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (TRANSGACAR), Federación Galega de Servizos de Transporte en Autobús (FEGABÚS), Man Truck & Bus Iberia, Volvo Group España, Daimler Buses, Iveco, King Long, Indcar, Castrosua, Autocares Meijide, Autocares Lázara, Empresa Lázara e a publicación Carril Bus. Tamén participou un equipo da entidade feiral.


Ademais de analizar as mellores datas para a celebración desta nova convocatoria segundo o calendario feiral e as necesidades dos axentes implicados, tamén se abordaron outros aspectos cos que a organización comezará xa a traballar para que

esta nova cita volva ser un éxito.


Unha feira que segue medrando

Os asistentes ao encontro cualificaron a pasada convocatoria como satisfactoria e positiva, ademais de destacar o seu crecemento “exponencial” e recalcar o seu apoio

a esta edición de ExpoBus Iberia, na cal consideran que xa se pode apostar por

aumentar o seu carácter internacional.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Un respaldo esencial para continuar coa boa evolución do certame, o cal contou na súa cita de 2025 con 142 firmas de 23 países, representadas por 69 expositores directos de seis países que ocuparon 8.414 metros cadrados netos. Cifras que supuxeron un notable crecemento e converteron a pasada edición na maior celebrada ata o momento. Así, as firmas representadas foron un 10% máis que na cita de 2023, mentres que os expositores directos aumentaron un 11,3% e ocuparon un 26,7% máis de superficie neta.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

En canto ao número de visitantes, rexistrou 2.620 profesionais, un 28% máis que na anterior convocatoria. Unha afluencia moi relevante tendo en conta a especificidade do sector e o carácter altamente técnico da feira.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page