top of page

ExpoBus Iberia 2025 internacionaliza o seu Premio ao Mellor Condutor de Autocares, en Silleda

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025 celebrarase do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Trasdeza


Laura Moure/Silleda

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal terá lugar do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), segue avanzando na organización da súa área expositiva e o seu programa de actividades. Con respecto a este último, convocou unha nova edición do Premio ao Mellor

Condutor-Condutora de Autocares, cuxas probas se levarán a cabo coincidindo cos

tres días de celebración do certame. Unha cita que se presenta con importantes novidades, entre as que destaca a súa dimensión internacional. Así, aínda que nas

anteriores convocatorias existía unha única categoría, nacional, por primeira vez

contará con tres: España, Europa e Mundo.

ree

A este concurso, patrocinado pola compañía MAN e coordinado pola publicación

Carril Bus, poden presentarse condutores en activo que se dediquen actualmente a

esta actividade. Estes deben realizar un exame de coñecementos, tipo test, e diversas

probas de habilidade nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado nas

instalacións do recinto feiral. Os candidatos teñen garantida unha experiencia única

con probas dinámicas que lles sorprenderán e realizarán en vehículos equipados coa

tecnoloxía e seguridade máis avanzada do mercado. Os técnicos e formadores da

empresa TECE encargaranse do deseño do circuíto, realización das probas e

valoración de candidatos.


Cada condutor terá a oportunidade de realizar previamente o percorrido -sen puntuar-

antes da proba definitiva, co fin de que coñezan de antemán o circuíto, as probas e o

propio vehículo. Antes da proba de condución realizarase a avaliación teórica tipo

test.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Todos os condutores e condutoras que queiran optar a este premio poden obter toda

a información en www.expobusiberia.com e solicitar a súa candidatura en

premiomejorconductor@expobusiberia.com ata o 13 de novembro. O equipo desta

competición poñerase en contacto con eles para xestionar a súa inscrición.


Máis premios

Outra das novidades desta competición será o maior número de galardóns que se

concederán. Así, ademais de premiar ao primeiro clasificado en cada unha das

categorías, Nacional, Europa e Mundo, tamén se recoñecerá aos dous seguintes e ás

empresas nas que desempeñan o seu traballo os gañadores. Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o sábado 22 de novembro, ás 14:00 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page