Explotacións gandeiras de Arzúa, Boimorto, O Pino, Rodeiro e Toques, reciben os IX Premios Exceleite
- Laura Moure

- hace 2 horas
- 4 Min. de lectura
Rueda destaca a calidade do sector primario e do leite galego como marca que identifica a Galicia dentro e fóra da comunidade
Laura Moure/Xeral
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte o papel fundamental do sector lácteo como motor de desenvolvemento económico e social da comunidade. “Se algo nos identifica dentro e fóra de Galicia é a calidade do noso sector primario, do leite galego e de todo o que ten que ver con este eido”, indicou ao tempo que asegurou que un bo exemplo do que significa Galicia Calidade é o traballo diario dos gandeiros galegos.
Nesta liña asegurou que todo o ecosistema vencellado ao sector lácteo -desde gandeiros ata a industria transformadora ou os transportistas- “son un tesouro que hai que coidar” e que co que contan co apoio do Executivo autonómico.
Durante a entrega dos IX Premios Exceleite, que recoñecen o esforzo, a profesionalidade e o bo facer dos gandeiros, Rueda subliñou que o sector está a vivir un bo momento. De feito, Galicia vén de consolidarse como unha potencia leiteira de referencia internacional, situándose entre as dez principais rexións produtoras da Unión Europea. Foron entregados unha vintenta de garlardóns dos cales, cinco recaen nas comarcas de Arzúa, Deza e Terra de Melide.

O presidente tamén destacou o esforzo das granxas en materia de modernización, benestar animal, hixiene e produción ecolóxica, piares que definen o agro moderno e competitivo que defende a Xunta. “Con menos granxas hai máis leite debido á concentración da produción e a que as explotacións se modernizaron e melloraron”, sinalou.
Apoio firme á remuda xeracional
Malia o bo momento do sector, con prezos que manteñen unha tendencia positiva e unha capacidade de transformación na propia comunidade que se sitúa próxima ao obxectivo do 75%, o presidente recoñeceu os retos que aínda ten por diante o rural, como a seguir ampliando a modernización e a remuda xeracional.
Publicidade
Neste sentido, cómpre lembrar o compromiso nos orzamentos de 2026, nos que a Xunta destinará arredor de 24 millóns de euros para facilitar a incorporación de mozos e mozas ao agro e duplicará a partida destinada ao programa de titorización e asesoramento, ou o apoio á transformación que fan as industrias (19,6 M€).
Ademais, a Administración autonómica seguirá ao carón dos gandeiros con ferramentas como o novo Banco de Explotacións –para poñer en contacto a gandeiros que se xubilan con interesados en coller o negocio– ou medidas de sanidade animal para seguir protexendo o alto status sanitario da cabana gandeira galega.
Publicidade
O presidente fixo fincapé na necesidade que se manteñan os actuais fondos europeos para o sector primario e así garantir a súa competitividade. “Se queremos que o noso continente siga a desenvolverse non podemos perder o sector primario. Non podemos perder o camiño de modernización que se iniciou hai uns anos. O sector primario necesita recursos para non quedar atrás”, indicou.
Galardoados
Os Premios Exceleite divídense en tres categorías en función do seu sistema de produción –extensivo, semiextensivo e intensivo– e outra que recoñece tamén as mellores explotacións ecolóxicas. En total, outorgáronse 10 premios a 20 galardoados.
LISTA DE GALARDONADOS
Gandaría extensiva pequena
- Ouro: Agriculvarela (Mesía)
- Prata: Lácteos Veigaria (O Incio)
Gandaría extensiva mediana
- Ouro: Gandaría Sinesio (Curtis)
- Prata: Tallón Lobato (Vedra)
Gandaría extensiva grande
- Ouro: Casa Menor 1614 (Boimorto)
- Prata: Gandaría Casa Quinto (Aranga)
Gandaría semiextensiva pequena
- Ouro: José Manuel Barreiro Vázquez (Toques)
- Prata: Troitiño (Castroverde)
Gandaría semiextensiva mediana
- Ouro: Pradeda Pozo ( Guntín)
- Prata: Pablo Soto Campello (Xermade)
Gandaría semiextensiva grande
- Ouro: Gandaría A Casa Landeira de Oa (Trazo)
- Prata: Ramón Vales Porto (Rodeiro)
Gandaría intensiva pequena
- Ouro: Antonio Torneiro Pestana (Castroverde)
- Prata: Concepción García Pereira (Frades)
Gandaría intensiva mediana
- Ouro: María del Carmen Barrán Santiso (O Pino)
- Prata: Teresa Fernández López (Sarria)
Gandaría intensiva grande
- Ouro: Antonio Sear López (Guntín)
- Prata: Gandaría Portela Rivas (Meira)
Gandaría ecolóxica
- Ouro: Granxa Ecolóxica Figueroa (Arzúa)
- Prata: Casa Codesal (Friol)
Premiado en Rodeiro
"Hoxe (por onte) tivemos a oportunidade de asistir representando a o Concello e Suso Montes da Coop O Rodo aos Premios Exceleite da Xunta de Galicia, uns galardóns que recoñecen o traballo dos mellores produtores e produtoras de leite do noso país. Entre os premiados atopábase Ramón Vales Porto gandeiro de Rodeiro, que recibiu un galardón de Prata, sendo o único premiado do noso concello e tamén o único da provincia de Pontevedra, que xa recibira o ano pasado un premio en Ouro. Desde aquí quero trasladarlle os meus máis sinceros parabéns, tanto a Ramón Vales como á organización dos Premios Exceleite, por poñer en valor o esforzo, a profesionalidade e o compromiso co sector leiteiro galego. Este premio é un motivo de orgullo para todos e todas, porque volve poñer a Rodeiro no mapa leiteiro de Galicia e demostra que no noso rural hai talento, traballo e futuro. Parabéns, Ramón, e grazas por levar o nome de Rodeiro tan alto", sinala o alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas.
La empresa CASA MENOR 1614, S.L. se encuentra en Lugar Marco, 1, en Boimorto (A Coruña), España, ouro
ç
La Gandería Casa Quinto es una explotación ganadera de vacuno de carne que se encuentra en Sobrado, prata








Comentarios