top of page

Excelente acollida do plan de prevención da ludopatía levado a cabo en centros de Melide e Boimorto

A Deputación da Coruña e Agalure levarán a máis concellos este programa piloto no vindeiro curso escolar


Laura Moure/Melide/Boimorto

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, reuniuse coa directiva de Agalure para valorar os resultados do programa piloto de prevención de ludopatías que ambas entidades desenvolveron este ano en centros escolares de 18 concellos da provincia e valorar a súa extensión a máis municipios durente o vindeiro curso escolar. En concreto, nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa levouse a cabo no colexio de Boimorto e no instituto melidense. O coordinador de Agalure, Gerardo Rodríguez, destacou a boa acollida da que gozou o programa, tanto nas charlas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO coma nas reunións cos técnicos dos Concellos e a comunidade escolar, co obxectivo de axudar a detectar e previr as adicción ao xogo entre os adolescentes.

Pola súa banda, Ana Lamas, informou de que a área de Benestar Social da Deputación recibiu numerosas peticións de Concellos da provincia para adherirse ao programa, polo que o seu departamento plantexa a extensión do mesmo a un maior número de municipios de cara ao curso escolar 2021-2022. "Trátase dun plan pioneiro no seu campo, que este curso chegou a 18 pequenos concellos das distintas comarcas da provincia, pero que vamos a intentar ampliar e reforzar de cara ao curso 2021-2022 para que poda chegar a toda a mocidade da provincia e axude a concenciar as estudantes e ás súas familias dos importantes riscos que comportan novas modalidades coma o xogo online e outro tipo de adiccións sen substancia, nas que Agalure é unha referencia".


Ana Lamas destacou tamén que a Deputación e Agalure lanzaron, o pasado mes de maio, a campaña en redes sociais Non xogues co xogo e agradeceu a colaboración na mesma de coñecidos artistas coma Xosé Antonio Touriñan, María Mera, David Perdomo ou o dúo Verto "para facer chegar este importante mensaxe á xuventude nunha campaña que tivo un alcance de máis de 50.000 persoas, a maior parte deles xente moza".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page