top of page

Excarcerada unha persoa tras unha colisión entre dous coches en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. Unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa.

Un dos vehículos implicados. Autor: Bombeiros de Arzúa.
Un dos vehículos implicados. Autor: Bombeiros de Arzúa.

O accidente ocorreu arredor das 13:30 horas, en Pedrosa, na parroquia de Vilantime. Polo que indicou un particular ao 112 Galicia, dous vehículos colidiran no cruce de Maroxo, con posibles feridos e atrapados logo do impacto.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Arzúa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Logo de acudir ata o punto, a dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar a un dos implicados, o cal sería atendido e trasladado polo persoal sanitario.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page