top of page

Evacuado en helicóptero en Touro tras sufrir o disparo dunha pistola de perno cautivo

Ecos da Comarca/Touro

Un home tivo que ser trasladado en helicóptero logo de sufrir un disparo dunha pistola de perno cautivo en Touro. Tratouse dun disparo accidental, tal e como informa o 112 Galicia.

O aviso chegou ao 112 Galicia arredor das 15:20 horas, momento no que un particular indicou que una persoa sufrira un disparo accidental no abdome ao empregar unha pistola de perno cautivo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A persoa tivo que ser trasladada ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que volveu hoxe a estar operativo tras máis de cinco semanas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page