top of page

Esther Carballal gaña o concurso de carteis do XXXI Festival de Bandas de Música de Galicia de Cruces

9 may 2025
2 min de lectura

Creou un deseño co rostro dunha muller no centro da imaxe, absorta polo poder da música



Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces fallou o concurso de carteis para o XXXI Festival de Bandas de Música de Galicia. O cartel gañador foi realizado por Esther Sofía Carballal Feliu, veciña cruceña de 42 anos que, tras vivir en París e Valencia, regresou a súa terra natal, ao fogar dos seus avós.


Esther Carballal explica que a idea da creación artística xurdiu de poñer no centro do deseño o rostro dunha muller, que cos ollos pechados e a cabeza inclinada cara atrás, está absorta na melodía que interpretan uns músicos representados por unhas siluetas

na parte baixa do debuxo. “O cartel representa como a música ten o poder de axudar a evadirnos e facer voar a nosa imaxinación”, indica.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O certame convocouse en tres categorías, por idades: de 0 a 16 anos, onde o gañador foi Thomas Abraham Moreno Fajardo, que recibirá 75 euros de premio ; de 17 a 64 anos, a gañadora foi Esther Sofía Carballal Feliu, que recibirá 150 euros de premio; e na categoría de maiores de 65 anos, a vencedora foi María Rosa Pampín Bango, que recibirá 75 euros de premio. Ademais, os gañadores recibirán un diploma e, a maiores, a gañadora final do concurso, Esther Carballal, será agasallada co cartel enmarcado que se lle entregará o mesmo día da festa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O XXXI Festival de Bandas de Música de Galicia celebrarse o sábado 24 de maio na Praza do Concello, no marco da Festa Gastronómica do Galo de Curral deste 2025. O festival comezará ás 18:00 horas e contará coa participación da Banda de Música Unión Musical de Ponteledesma, a Banda de Música Cultural Teo e a Banda de Música Artística de Merza acompañada pola Coral de San Salvador de Camanzo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page