O profesorado do IES Pintor Colmeiro doa xoguetes a Silleda Solidaria
Laura Moure/Silleda
Nesta cuarta edición do certame #SilledaFaiNadal, organizado dende as concellerías de Cultura e de Promoción Económica, inscribíronse en total 13 propostas de decoración
navideña. Na categoría individual son 7 e na colectiva, 6. Ademais, neste concurso participan persoas e grupos de veciños e veciñas que viven tanto no casco urbano de Silleda coma nas parroquias e zonas rurais do municipio.
Publicidade
Entre as novidades deste ano figura un novo sistema de elección dos traballos gañadores. Ademais dun xurado formado por membros de colectivos que non participan no certame, o voto será ponderado (ao 50%) cos “me gusta” recibidos por cada traballo na páxina oficial de Facebook do Concello de Silleda. Nos próximos días publicaranse as fotografías
destas 13 creacións de #SilledaFaiNadal.
En cada unha das categorías establécense 3 premios (repartindo 3.175 euros), todos eles para gastar nos comercios ou nos locais de hostalería silledenses. Na colectiva haberá un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 700 e un terceiro de 500 euros. Na individual os premios serán respectivamente de 500, 300 e 175 euros.
O xurado estará formado por integrantes de asociacións ou colectivos que non participen no concurso e por un representante do Concello, con voz pero sen voto, así como por un técnico municipal, que actuará como secretario/a.
Publicidade
A resolución do concurso comunicarase, de ser posible, ao longo do mes de xaneiro. Dende o Concello agradécese a alta participación da veciñanza neste certame, o cal busca reactivar a economía local ao tempo que se premia a creatividade e orixinalidade das creacións, neste caso ca decoración e motivos de Nadal como protagonistas.
“Vai de parroquias”
Lémbrase así mesmo que o concurso “Vai de parroquias” segue activo. Para poder participar, é preciso facerse fotografías xunto ás árbores de Nadal colocadas nas 33 parroquias, situándose en lugares estratéxicos dos que se darán pistas (unha por parroquia) para localizar as árboles.
As pistas a seguir aparecen nun banner na web municipal, ademais de que xa se poden consultar as bases, condicións e o formulario de inscrición que hai que cubrir para participar. O prazo remata o luns 8 de xaneiro ás 23:59 horas e hai que enviar ao enderezo electrónico cultura@silleda.es, xunto co formulario de participación asinado, as fotografías que acrediten o paso polas 33 parroquias.
O premio consistirá nunha viaxe ás Illas Canarias para dúas persoas, en réxime de media pensión durante 5 días no primeiro trimestre de 2024. O sorteo público será o xoves 11 de xaneiro ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Concello de Silleda.
Publicidade
Foi precisa a intervención dos Bombeiros, que tras realizar as correspondentes dilixencias no mesmo lugar dos feitos por parte da Policía Xudicial, rescataron o corpo e procedeuse co levantamento do cadáver.
Por outra banda, o profesorado do IES Pintor Colmeiro doa xoguetes ao programa municipal Silleda Solidaria. "Dende o Concello de Silleda agradecemos a todas as persoas do equipo deste centro que quixeron colaborar con esta acción solidaria".
O director do instituto entregou este mércores á concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, os xoguetes, os cales lles serán cedidos aos cativos e cativas para desfrutalos nestas datas navideñas.
Comments