top of page

Este ano desfrutarase do Entroido de Namorar en Bandeira

Será o venres 16 no centro social do maiores


Laura Moure/Silleda

Este venres 16, no Centro Social dos Maiores da Bandeira, as persoas asistentes poderán desfrutar do Entroido de Namorar (antes coñecido coma a Festa de Namorar). Será a partir das 17:00 horas e haberá empanada, pinchos, chocolatada e postre. A animación musical en directo será a cargo de José Manuel Abanico.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Daranse premios aos mellores disfraces. O prezo da entrada é de 10 euros por persoa.


Para anotarse, as persoas interesadas poden achegarse ata o propio Centro Social dos Maiores da Bandeira ou ao de Silleda, ou ben chamar ao 986 592 037. O prazo remata este martes, 13 de febreiro.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Festa de Namorar é un dos clásicos da programación do departamento de Benestar para os maiores do municipio, que este ano se mestura coa celebración do Entroido e pasa a chamarse Entroido de Namorar


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page