top of page

Esta semana pode doarse sangue en Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Silleda e Arzúa

6 jun 2021
1 min de lectura

As citas serán o martes, mércores e xoves


Laura Moure

As persoas que desexen doar sangue nas catro comarcas poderán facelo esta semana nas localidades de Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Silleda e Arzúa.


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visitará este martes, día 8, o municipio de Rodeiro. Situarase na rúa Aviador Gumersindo Areán (Rúa da piscina) en horario de 17:00 a 21:00 horas.


Tamén o martes 8, tamén haberá outra en Sobrado dos Monxes na Praza do Portal. Neste caso, será de 10:00 a14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.


O mércores, día 9, a quenda será na Bandeira (Silleda). A unidade móbil estará xunto ao centro de saúde de 17:00 a 21:00 horas.


E o xoves, 10, estará en Arzúa no recinto feiral Terra do Queixo (entrada traseira). O horario será de 10:00 a14:00 horas e de 16:00 a 21:00.


Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. A cita pode perdirse a través do teléfono gratuíto 900 100 898.


E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.


Unha unidade móbil.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page