top of page
Foto del escritorLaura Moure

Esta semana pódese doar sangue en Palas de Rei, O Pino, Silleda e Melide

Laura Moure/Xeral

As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semana nas catro comarcas nas localidades de Palas de Rei, O Pino, Silleda e Melide.


Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar o municipio de Palas de Rei esta semana. A cita é este martes, 25. Situarase como de costume fronte ao Concello en horario de 10:00 a 14:30 horas.


Mentres que o xoves, día 27, poderase donar no Pino e Silleda. Na primeira localidade tamén estará fronte ao Consistorio e estará en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, mentres que en Silleda estará na Avenida do Parque, xunto á parada de taxi, pero só no horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas.


Por último, o venres 28 e o sábado 29 unha unidade desprazarase a Melide e ubicarase no Cantón de San Roque. Na primeira xornada estará en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:15 a 21:00 horas e o sábado de 10:00 a 15:00 horas.

Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. É recomendable chamar previamente ao 900 100 828.


E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page