Esta semana o Concello de Rodeiro recibiu a obra de mellora do punto limpo
- Laura Moure
- 5 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
Esta semana o Concello de Rodeiro recibiu a obra de mellora do punto limpo. Técnicos municipais, director de obra, e empresa que executou os traballos, o concelleiro de Medioambiente, Manuel García, e o alcalde do municipio, José Luis Camiñas, acercáronse ao lugar para recibir a obra.

A actuación consistíu no peche perimetral e a compra de tres contenedores de gran capacidade que foran roubados fai anos. "Outra parte de importancia foi a videovixiancia e poder alimentar con enerxías renovables ditas cámaras, para que todos podamos facer un bo uso do punto limpo. Para calquera recollida podedes chamar a o Concello e eremos todos os particulares a recollida gratuíta", explica Camiñas.
Ademais, sinala que nos próximos días tamen será entregado un novo camión para a recollida de residuos para levar dos domicilios a o punto limpo e tamén un punto limpo móbil.
Publicidade
"Para todo esto recibimos unha axuda de 129.000 euros da Consellería de Medioambiente e do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 Quero agradecer o traballo realizado a todos os técnicos que participaron no desarrollo deste proxecto que teño que recoñecer que foi complexo".
Comments